¿Qué es marineros por un día?
-
Inicio
- ¿Qué es marineros por un día?
O proxecto “Mariñeiros por un día: O mar nun clic” foi concibido pola Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro para adaptar á “nova normalidade” xerada pola pandemia do covid-19 o seu programa de “Mariñeiros por un día”, cuxo obxectivo é achegar aos escolares ao mundo da pesca. É dicir, tratase de replicar as actividades previstas no programa orixinal, utilizando tecnoloxías dixitais e multimedia, para que os alumnos poidan realizar, sen moverse da aula, visitas virtuais á lonxa de Celeiro, o heliporto e o Taller do pescador.
A evolución da pandemia esixiu adaptar o proxecto sucesivamente aos cambios nos protocolos fronte ao covid-19, mantendo en todo momento os obxectivos e contidos iniciais:
- Achegar aos escolares á realidade socioeconómica dun porto pesqueiro, tomando como referencia Celeiro
- Dar a coñecer a actividade da frota pesqueira e o funcionamento dunha lonxa da man dos profesionais do sector
- Promover entre os escolares o consumo de produtos do mar e a súa relación cunha dieta saudable
- Difundir o patrimonio e a cultura mariñeira de Celeiro e da Mariña
- Concienciar aos escolares sobre a necesidade de coidar e respectar o medio ambiente mariño
- Difundir entre os escolares os diferentes oficios e profesións relacionados co mar
- Dar visibilidade ao papel da muller no mundo do mar
Unha páxina web específica: https://mariñeirosporundia.com facilita a calquera escolar de calquera lugar de Galicia, ou mesmo de fóra da comunidade galega, facer un percorrido pola lonxa de Celeiro, o heliporto e o “Taller do pescador”.
Na web os profesionais da educación e os escolares poden atopar ademais de unidades didácticas e contidos en formatos audiovisuais sobre a pesca en xeral, o peso deste sector en Galicia e máis detalladamente o desenvolvemento desta actividade na Mariña-Ortegal: tipos de pesca, artes, produtos pesqueiros, etc. Esta información está acompañada doutros recursos para situar á Mariña-Ortegal no mapa desde o punto de vista xeográfico, histórico e cultural.
Desde a web de “Mariñeiros por un día, o mar nun clic” pódese acceder tamén ao vídeo no que se percorren as principais instalacións do porto: confraría, lonxa e heliporto, a través dos testemuños de representantes dos diferentes colectivos profesionais vinculados á actividade pesqueira.
Visitas presenciais
Sempre que a evolución da pandemia permítao, a Confraría de Celeiro mantén o programa de visitas presenciais dos escolares ás instalacións portuarias. O itinerario previsto inclúe visitas á lonxa, taller do pescador e confraría, onde os escolares teñen a oportunidade de visionar o vídeo realizado pola entidade para difundir entre os nenos e nenas o mundo do mar, os oficios e os produtos da pesca. Ao tratarse dun servizo esencial de emerxencia, os protocolos de seguridade anti- covid 19 do heliporto non autorizan o acceso ás súas instalacións de persoal alleo ás súas actividades.
Os colexios interesados facer as visitas presenciais poden inscribirse na mesma páxina web: https://mariñeirosporundia.com/visitas/
O proxecto “Mariñeiros por un día, o mar nun clic” está financiado polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca e a Consellería do Mar, a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro A Mariña-Ortegal.