Noticia: Axuda ao proxecto colectivo para a "MELLORA DE SEGURIDADE E CONDICIÓNS DE TRABALLO, CELEIRO 2026"


Agregada el 29/5/2026, modificada por última vez el 29/5/2026.


 

Xunto achegamos a Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao Proxecto Colectivo  "MELLORA DE SEGURIDADE E CONDICIÓNS DE TRABALLO, CELEIRO 2026", presentado pola Confraría de Pescadores de Celeiro.

A axuda ten como prioridade o fomento da pesca sostible e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, reforzando as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalemente sostibles.

O importe total do proxecto e de 882.314,60 € dos cales son subvencionables o 100% de dito proxecto.

Polo tanto o importe público da subvención concedida e do 100%, correspondendolle o 70% o FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura) con un importe de 617.620,22 € e o 30% restante a Xunta de Galicia con un importe de 264.694,38 €

Con esta axuda o porto de Celeiro contará con 4 transpaletas eléctricas LPE200, 1 carreta eléctrica de 3 rodas 9FBE16T, 1 carreta eléctrica con 4 rodas 9FB16T, 2 transportadoras descarga, 4 transportadoras rectráctil descarga, 4 plataforma descarga camións e 1 automatización de túnel de lavado para facilitar o funcionamento, a seguridade e as condicións de traballo das tarefas diarias nas infraestructuras portuarias, nos lugares de desembarque, e nas lonxas.

CARTEL SEGURIDAD 2026
Descargar .pdf →
CONCESION SEGURIDAD - PE209G-2026-00023
Descargar .pdf →