Noticia: PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE ADMINISTRATIVO PARA A SECCIÓN DE ORIENTACIÓN DA CONFRARÍA DE PESCADORES SANTIAGO APÓSTOLO DE CELEIRO


Agregada el 12/9/2025, modificada por última vez el 12/9/2025.


De conformidade coas bases que regulan o proceso selectivo, adxúntanse os resultados definitivos da provisión dunha praza de administrativo para a sección de orientación da Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo de Celeiro. 

Os órganos de goberno da Confraría de Pescadores de Celeiro desexan expresar o seu máis sincero agradecemento a todas as persoas que participaron como opositores no proceso do concurso-oposición convocado para cubrir unha praza de administrativo na nosa entidade.
 
Valoramos de maneira especial o esforzo, a dedicación e o interese que cada aspirante puxo neste proceso. Para nós, a súa participación significa moito e reforza o compromiso compartido co traballo ben feito e co futuro da nosa Confraría.
 
Grazas a todos/as por acompañarnos neste camiño.