Noticia: Axuda ao proxecto colectivo para a "MELLORA DE SEGURIDADE E CONDICIÓNS DE TRABALLO, CELEIRO 2025"


Agregada el 18/7/2025, modificada por última vez el 18/7/2025.


Xunto achegamos a Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao Proxecto Colectivo  "MELLORA DE SEGURIDADE E CONDICIÓNS DE TRABALLO, CELEIRO 2025", presentado pola Confraría de Pescadores de Celeiro.

A axuda ten como prioridade o fomento da pesca sostible e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, reforzando as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalemente sostibles.

O importe total do proxecto e de 260.852,82 € dos cales son subvencionables o 100% de dito proxecto.

Polo tanto o importe público da subvención concedida e do 100%, correspondendolle o 70% o FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura) con un importe de 182.596,97 € e o 30% restante a Xunta de Galicia con un importe de 78.255,85 €

Con esta axuda o porto de Celeiro contará con un montacargas, dous transportadores articulados para descargas, unha transpaleta eléctrica eléctrica modelo LPE200, unha carretilla eléctrica modelo 9FBE15T, unha retráctil eléctrica modelo RRE140H CC e un preparador de pedidos modelo OME100H para facilitar o funcionamento, a seguridade e as condicións de traballo das tarefas diarias nas infraestructuras portuarias, nos lugares de desembarque, e nas lonxas.

CARTEL SEGURIDAD 2025
Descargar .pdf →
PE209G-2025-00071 - Resolucion de Concesion
Descargar .pdf →