Agregada el 18/7/2025, modificada por última vez el 18/7/2025.

Xunto achegamos a Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao Proxecto Colectivo "MELLORA DA CALIDADE E CONTROL DOS PRODUTOS DA PESCA, CELEIRO 2025", presentado pola Confraría de Pescadores de Celeiro.
A axuda ten como prioridade o fomento da pesca sostible e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, reforzando as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalemente sostibles.
O importe total do proxecto e de 554.432,00 € dos cales son subvencionables o 100% de dito proxecto.
Polo tanto o importe público da subvención concedida e do 100%, correspondendolle o 70% o FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura) con un importe de 388.102,40 € e o 30% restante a Xunta de Galicia con un importe de 166.329,60 €
Con esta axuda o porto de Celeiro contará con unha mesa dinámica transportadora de escamado para clasificación de pescado, unha mesa dinámina transportadora con corte de cola e cabeza para clasificación de pescado, unha mesa dinámica transportadora para clasificación de pescado en bandexa, unha mesa dinámica transportadora para clasificación de pescado en porexpan e un carrusel de clasificación, pesaxe e fileteado con recollida de desperdicios e suministros de caixas para afianzar e revalorizar os productos pesqueiros, e favorecer o incremento de consumo de pescada.