Noticia: Axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros.


Agregada el 20/1/2025, modificada por última vez el 20/1/2025.


Publicouse no DOG número 12 do 20 de xaneiro do 2025, a Orde do 26 de decembro de2024 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) e tramitadas como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G).
 
Esta Orde entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no DOG e o prazo de presentación de solicitudes será dun mes dende a publicación da Orde.
 
A resolución de concesión emitirase nun prazo máximo de cinco meses.
 
 
AnuncioG0427-271224-0001_gl
Descargar .pdf →