Noticia: Axudas as entidades asociativas do sector pesqueiro destinadas a garantir a sua sostebilidade.


Agregada el 23/7/2024, modificada por última vez el 23/7/2024.


Informámoslles que hoxe foi publicada no DOG número 142, a Resolución do 22 de xullo de 2024 de concesión directa de axudas de carácter extraordinario ás entidades asociativas do sector pesqueiro destinadas a garantir a súa sustentabilidade (código de procedemento PE130B):
 
Obxecto: concesión directa dunhas axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade das entidades asociativas do sector mediante a achega de fondos para manter a operatividade destas entidades e velar así pola viabilidade da actividade marisqueira e pesqueira que se viu comprometida polas perdas de produción ou minoración dos ingresos económicos percibidos durante o período dos meses de outubro e novembro de 2023.
 
Código de procedemento PE130B.
 
Compatibilidade con outras modalidades de axudas: Esta axuda é compatible coa percepción doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou dos organismos internacionais das cales puidesen beneficiarse as persoas destinatarias da axuda
 
Forma e lugar de presentación da aceptación:
 
1. As persoas beneficiarias incluídas na relación provisional do anexo e aquelas outras entidades que non figuren nela, no caso de non estar de acordo co nel reflectido, disporán dun prazo de 5 días naturais, contados desde o día da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para achegar as alegacións e documentación que xulguen oportunas.
 
2. A unidade tramitadora procederá á revisión das alegacións e/ou documentación presentada, e procederá á resolución destas nun prazo máximo de 10 días hábiles desde a finalización do prazo sinalado no punto anterior.
 
3. Transcorrido o prazo sinalado no punto 2, unha vez resoltas as correspondentes alegacións á lista provisional, emitirase unha lista definitiva que se fará pública no seguinte enderezo https://mar.xunta.gal/gl/de-interese/novidades
 
4. As persoas beneficiarias incluídas nesta relación definitiva disporán dun prazo de 10 días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta relación definitiva para aceptar a axuda.
 
5. As persoas beneficiarias incluídas na lista definitiva deberán presentar por escrito esta aceptación, segundo o formulario que se xunta á resolución (anexo I) e no cal se indicará o número de conta para o aboamento da axuda. A aceptación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do devandito formulario normalizado do anexo I e dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
 
6. A non aceptación da axuda no prazo indicado suporá a renuncia a ela.

AnuncioG0427-160724-0001_es
Descargar .pdf →