Agregada el 01/7/2024, modificada por última vez el 01/7/2024.
Xunto achegamos a Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao Proxecto Colectivo "MELLORA DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO, CELEIRO 2024", presentado pola Confraría de Pescadores de Celeiro.
A axuda ten como prioridade o fomento da pesca sostible e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, reforzando as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalemente sostibles.
O importe total do proxecto e de 45.400,00 € dos cales son subvencionables o 100% de dito proxecto.
Polo tanto o importe público da subvención concedida e do 100%, correspondendolle o 70% o FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura) con un importe de 31.780,00 € e o 30% restante a Xunta de Galicia con un importe de 13.620,00 €
Con esta axuda o porto de Celeiro contará con unha nova transpaleta eléctrica e con unha nova carretilla elevadora para facilitar o funcionamento, a seguridade e as condicións de traballo das tarefas diarias nas infraestructuras portuarias, nos lugares de desembarque, e nas lonxas.