Noticia: Axuda ao proxecto colectivo para "obra de modernización e mellora das infraestruturas no porto de Celeiro 2024"


Agregada el 01/7/2024, modificada por última vez el 01/7/2024.


               

 

Xunto achegamos a Resolución da Consellería do Mar pola que se concede unha axuda ao Proxecto Colectivo "OBRA DE MODERNIZACIÓN, CELEIRO 2024", presentado pola Confraría de Pescadores de Celeiro.

A axuda ten como prioridade o fomento da pesca sostible e a recuperación e conservación dos recursos biolóxicos acuáticos, reforzando as actividades pesqueiras que sexan económica, social e medioambientalemente sostibles, dentro dos portos pesqueiros, lugares de desembarque, lonxas e ancoradoiros.

O importe total do proxecto e de 765.230,64€ dos cales son subvencionables o 100% de dito proxecto.

Polo tanto o importe público da subvención concedida e do 100%, correspondendolle o 70% o FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura) con un importe de 535.661,45 € e o 30% restante a Xunta de Galicia con un importe de 229.569,19 €

Con esta axuda o porto de Celeiro contará, dentro das intalacións da lonxa, dun novo local con mesas clasificadoras donde se cortaran, evisceraran e filetearan os productos pesqueiros, para logo pasalos polo tren de pesaxe e etiquetado, sempre cumplindo as normas de calidade, control e rastrexabilidade. Neste novo local acondicionaranse aseos, vestiarios, suelos e paredes... a fin de configurar unha nova instalación acondicionada e modernizada destinada a revalorizar os productos pesqueiros frescos, e o seu consumo.

cartel PE209G_Publicidade MODERNIZACION
Descargar .pdf →
Resolucion de Concesion - PE209G-2024-00029 MODERNIZACION
Descargar .pdf →