Agregada el 26/4/2024, modificada por última vez el 26/4/2024.
Informámoslles de que hoxe foi publicada no DOG a Orde do 17 de abril de 2024 pola que se amplía o crédito da Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 de concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE209G).
O novo importe total máximo, sumando o importe inicial publicado e a presente ampliación, queda fixado no cadro seguinte:
Ano 2024 Ano 2025 Total
8.170.000 € 3.500.000 € 11.670.000 €
Achegamos coa presente circular o documento de referencia.