Agregada el 03/2/2024, modificada por última vez el 03/2/2024.
Informamos que hoxe foi publicada no DOG a ORDE do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a modernización e mellora dos equipamentos e das infraestruturas dos portos pesqueiros, dos lugares de desembarque, das lonxas e dos ancoradoiros, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) e tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209G).
Obxecto: axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e da seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) e tramitada como expediente anticipado de gasto.
Beneficiarias: confrarías de pescadores, agrupacións de interese económico do sector pesqueiro, as organizacións de produtores, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas pescadoras e mariscadoras e as asociacións profesionais de redeiras que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social nela.
Proxectos obxecto de subvención: Poderán ser obxecto de subvención os proxectos colectivos que se desenvolvan nos edificios ou instalacións dos portos pesqueiros en que se presten servizos ou desenvolvan actividades directamente vinculadas coa actividade pesqueira, lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e lugares de desembarque da Comunidade Autónoma de Galicia, e teñan algún dos seguintes obxectivos:
a) Mellorar a eficiencia enerxética.
b) Mellorar a protección do ambiente.
c) Mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras.
d) Mellorar a calidade e incrementar o control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
e) Mellorar a seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático.
Os obxectivos a) e b) inclúense dentro do tipo de intervención de contribuír á neutralidade climática e os obxectivos c), d) e e) dentro do tipo de intervención de promover as condicións para uns sectores da pesca, da acuicultura e a transformación economicamente viables, competitivos e atractivos.
Intensidade da axuda: A porcentaxe máxima das axudas poderá acadar o 100 % do investimento subvencionado en cada unha das accións, de acordo co previsto nesta orde, así como co indicado no artigo 41 do Regulamento (UE) nº 2021/1139 do Parlamento Europeo e do Consello, condicionada, en todo caso, ás dispoñibilidades orzamentarias.
Prazo de presentación de solicitudes: Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.