Agregada el 22/5/2023, modificada por última vez el 22/5/2023.
Remitimos a Resolución pola que se aproba o PLAN EXPERIMENTAL PARA A XESTIÓN DO POLBO (Octopus vulgaris) CON NASA PARA A CAMPAÑA 2023/2024, recibido da Consellería do Mar que ten como principais cuestións:
- O período de veda para 2023 queda establecido entre as 16:00 horas do 19 de maio até as 5:00 horas do 3 de xullo de 2023.
- As capturas desembarcadas o 19 de maio poderán ser comercializadas tamén o 20 de maio naquelas lonxas nas cales tradicionalmente se viñesen realizando vendas de polbo os sábados.
- O peso das especies acompañantes non poderá superar o 10% do peso das capturas totais de polbo autorizadas para cada embarcación e día. Desta limitación quedan excluídos os peixes e o patexo.
- Peso mínimo de captura 1 Kg./Peza independentemente que sexa enteiro ou eviscerado a bordo.
- O número de nasas establécese en función do tipo de embarcación e da zona específica:
Zona A dende a Guarda até Pedra do Sal (Caión),
Zona B dende Pedra do Sal até Illa de San Vicente
Zona C dende Illa de San Vicente até o río Eo.
- Cotas máximas diarias de captura e desembarco:
Dende o 3 de xullo até o 31 de agosto de 2023 a cota máxima será de 35 kg/barco/día ao que se lle engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, até un máximo de 240 kg/día.
No que resta de campaña a cota máxima será de 55 kg/barco/día ao que se lle engadirán 55 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, até un máximo de 380 kg/día.
- A actividade iniciarase as 6:00 horas até as 16:00. Non obstante, permitirase a saída do porto a partires das 5:00 horas.
- A vixencia do plan abranguerá dende o 19 de maio de 2023 até a data de inicio de veda do ano 2024.