Noticia: Axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros


Agregada el 16/1/2023, modificada por última vez el 16/1/2023.


Comunicamos a publicación no DOGA núm. 3 do mércores, 4 de xaneiro de 2023 da ORDE do 15 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para tripulantes de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2023 o dito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE119A)

As axudas terán como finalidade a primeira adquisición dun buque de pesca e poderán ser beneficiarios os pescadores tripulantes de buques pesqueiros que cumpran os seguintes requisitos: -Estar enrolado nun buque con porto base en Galicia.

-Non estar incurso en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

-Non estar incurso en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas

-Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións.

-Non ter pendente de pagamento ningunha sanción firme por infracción da normativa marítimo-pesqueira.

-Non ter cometido infracción grave: -No marco do FEP ou FEMP, non ter sido declarado culpable de cometer fraude,

-Ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

-Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e non ter pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

-Ter menos de 40 anos de idade no momento de presentar a solicitude de axuda.

-Estar de alta ou situación asimilada á alta no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores do mar.

-Ter traballado, cando menos, cinco anos como pescador ou ter a titulación profesional exixida segundo o tipo de embarcación que se vai adquirir

-O buque que adquira ten que estar operativo e inscrito no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia, ter unha eslora total inferior a 24 m, entre 5 e 30 anos de antigüidade, estar equipado para a pesca mariña e pertencer a un segmento de frota que no informe de capacidade pesqueira, vixente no momento da solicitude, a que se refire o artigo 22.2 do Regulamento (UE) núm. 1380/2013, amose equilibrio coas posibilidades de pesca.

– A compra pode realizarse na súa totalidade ou de forma parcial; adquirido por máis dun beneficiario,

– Os investimentos para os cales se solicite axuda non poderán estar iniciados antes de que se acredite o non inicio, e non poderán estar finalizados nin pagados antes da data da presentación da solicitude.

 

A Orde pode consultarse no seguinte enlace : https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230104/AnuncioG0427-161222- 0004_gl.html

O prazo para presentación de solicitudes e dun mes contado a partir do dia seguinte da publicación da Orde no DOGA

As solicitudes e a documentación deberán ser presentadas obrigatoriamente de maneira electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal

AXUDAS TRIPULANTES
Descargar .pdf →