Noticia: Modificación topes pescada, publicación no BOE


Agregada el 14/10/2022, modificada por última vez el 14/10/2022.


Informamos da publicación no BOE núm. 238 do martes 4 de outubro de 2022 da Resolución do 26 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se modifica a Resolución de 27 de decembro de 2021, pola que se establecen disposicións adicionais de ordenación da pesqueira da pescada (Merluccius merluccius) das zona 8c e 9a para os buques da flota de artes menores do Cantábrico e Noroeste.

Dita Resolución establece unha cota de 12.000 quilogramos por barco e ano.

Aquelas embarcacións que xa tiveran adquirido cota, previamente a esta resolución, mediante o mecanismo das transmisións temporais de posibilidades de pesca computarán contra dita cota.

Unha vez esgotados estes quilos obtidos por transmisión temporal as súas capturas computarán contra a cota global de artes menores do Cantábrico e Noroeste con este novo tope anual de 12.000 quilos.

Esta resolución entra en vigor dende o día seguinte da súa publicación no BOE, e dicir dende o 05 de setembro de 2022

MODIFICACION TOPES PESCADA BOE
Descargar .pdf →