Noticia: Orden Proxectos colectivos 2022-2023


Agregada el 14/10/2022, modificada por última vez el 14/10/2022.


Informamos da publicación no D.O.G núm. 191, do xoves 6 de outubro de 2022, do extracto e da ORDE do 21 de setembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código de procedemento PE209C).

O importe máximo das subvencións que se concedan no 2022 será de 300.000 euros e distribuiranse nas seguintes anualidades:

Aplicación orzamentaria        15.03.723A.770.1

Código proxecto                             2016.00293

Anualidade 2022                             150.000,00 €

Anualidade 2023                             150.000,00 €

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, aso organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan a súa actividade profesional no sector pesqueiro e teñan a sede social en Galicia.

Consideraranse subvencionables os gastos realizados e pagados entre o 1 de xullo de 2016 e o 31 de decembro de 2023. A data límite enténdese en todos os casos sen prexuízo do número de anualidades que se estableza en cada resolución de concesión de axuda. Non obstante, as operacións non se seleccionarán para recibir axuda do FEMP se concluíron materialmente ou se executaron integramente antes de que a persoa beneficiaria presente a solicitude de axuda.

Na presente convocatoria consideraranse subvencionables só aqueles gastos efectivamente pagados dentro do período de execución da orde de convocatoria, que será do 1 de xullo de 2022 ao 30 de xuño de 2023. Quedan exceptuados deste prazo límite os gastos correspondentes con gastos de persoal, obrigas tributarias e de Seguridade Social, correspondentes aos meses en que non se poidan facer efectivos na data límite de execución, e que se considerarán subvencionables de ser efectivamente pagados antes do 30 de setembro de 2023.

A porcentaxe máxima da axuda poderá alcanzar o 100% do investimento subvencionado en cada unha das accións. 

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se este último día de prazo fora inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

As solicitudes presentaranse por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I-solicitude) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Para a elaboración dos documentos está dispoñible a guía do solicitante, que pode consultarse na paxina web da Consellería do Mar

https://mar.xunta.gal/sites/default/files/fileadmin/arquivos/mar/guiasolicitante_proxectos_colec tivos.pdf

Pódese acceder a orde a través do seguinte enlace:

 https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20221006/AnuncioG0656-041022-1_gl.html

PROXECTOS COLECTIVOS PE209C
Descargar .pdf →