Agregada el 29/8/2022, modificada por última vez el 29/8/2022.
Por acordo do Comité Executivo do día 20 de Agosto a Federación Galega de Confrarías de Pescadores promove a difusión do Manifesto pola pesca, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria europeas na plataforma CHANGE.ORG porque entendemos que é un documento que engloba o sentir de todo o sector ante determinadas estratexias políticas que non parecen entender que a pesca é parte da solución e non o problema ante o cambio climático, que se están publicando normativas mal adaptadas ao mundo real do sector, que cómpre promover o relevo xeracional e que hai que escoitar a opinión de todas as organizacións con intereses nesta actividade previamente á elaboración de normativas que os afecten.
A nosa entidade aglutina a todo o sector pesqueiro e marisqueiro galego; por tanto, consideramos que debemos capitanear esta difusión do documento aprobado xa no Consello Galego de Pesca e que, como organización, xa fixemos asinado xunto coas Federacións provinciais de Confrarías de Galicia, a Federación nacional de Confrarías e as principais organizacións do sector na nosa comunidade.
Remitimos link do manifesto para o voso coñececemento
https://www.confrariasgalicia.org/services-view/manifesto/
Remitimos link a change.org para a adhesión ao manifesto tanto da vosa entidade como a título particular.
https://chng.it/mp2XPVRTzD ¡¡¡¡¡ FIRMADE AQUÍ !!!!!