Noticia: Concesión dunha axuda, cofinanciada polo FEMP, de proxectos colectivos para construcción dun recinto de caixas


Agregada el 10/8/2022, modificada por última vez el 10/8/2022.


RESOLUCIÓN DA CONSELLERÍA DO MAR POLA QUE SE CONCEDE UNHA AXUDA AO PROXECTO COLECTIVO “RECINTO DE CAIXAS” PRESENTADO POLA CONFRARÍA DE PESCADORES "SANTIAGO APÓSTOL" DE CELEIRO (NIF G27008820) PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA, DA PROTECCIÓN DO AMBIENTE, DA SEGURIDADE E DAS CONDICIÓNS DE TRABALLO E DA CALIDADE E DO CONTROL E RASTREXABILIDADE DOS PRODUTOS DESEMBARCADOS DA PESCA, COFINANCIADOS POLO FONDO MARÍTIMO E DE PESCA (FEMP).

A Consellería do Mar concedeulle á Confraría de Pescadores Santiago Apóstol de Celeiro (NIF G27008820 ), unha axuda para o proxecto colectivo, cos requisitos e condicións que a seguir se sinalan, e a cuxo cumprimento se compromete o beneficiario coa aceptación da axuda.

I. Requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos

Denominación: RECINTO DE CAIXAS Nº EXPEDIENTE PE209G-2022/22

Identificación: Programa Operativo Español FEMP 2014ES14MFOP001

Prioridade: 1

O.E 1.d) Fomento da competitividade e a viabilidade das empresas do sector da pesca, con inclusión da pesca costeira artesanal, e mellora das condicións de seguridade e traballo.

Medida 1.4.9- Portos pesqueiros, lugares desembarco, lonxas e ancoradoiros.

Convocatoria 2022 ao abeiro da Orde do 31 de xaneiro do 2022

Organismo Intermedio Xestión: Dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Obxecto: Mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras.

Ubicación Concello: VIVEIRO Provincia: LUGO

II. Plan financeiro

Importe total do proxecto: 515.100,00 €

Importe total subvencionable: 515.100,00 €

Porcentaxe da subvención: 100%

Importe da subvención concedida: 515.100,00 €

Importe público FEMP (75%): 386.325,00 € C.A. (25%): 128.775,00 € 

III. Prazo de execución

Proxecto plurianual: Anualidade 2022/2023

Data de inicio: Dende a presentación da solicitude

Prazo de execución e xustificación: Ata o 1 de decembro do 2022 Ata o 30 de setembro de 2023

22. CELEIRO_ OBRAS
Descargar .pdf →