Noticia: Orden 28/12/2021 pola que se establecen as bases para a concesión de axudas que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros


Agregada el 26/1/2022, modificada por última vez el 26/1/2022.


Comunicamos a publicación no DOGA núm. 15 , do luns 24 de xaneiro de 2022, da ORDE do 28 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convoca para o ano 2022 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F).

As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:

-Limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies. (PE120A)

-Melloren a hixiene, a saúde, a seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros. (PE120B)

-En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático (PE120C)

-Aumente o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas. (PE120E)

-En servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable. (PE120F)

Poderán ser persoas beneficiarias persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas, agrupacións ou entidades sen personalidade xurídica ou comunidade de bens

A Orde pode consultarse no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220124/AnuncioG0427-281221- 0006_gl.pdf

O prazo para presentación de solicitudes e dun mes contado a partir do dia seguinte da publicación da Orde no DOGA

18-2022 AXUDAS A ARMADORES
Descargar .pdf →