Noticia: Proxectos Colectivos 2021-2023


Agregada el 28/6/2021, modificada por última vez el 28/6/2021.


Informamos da publicación no D.O.G núm. 121, do luns 28 de xuño de 2021, do extracto e da ORDE do 10 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2021, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental (código de procedemento PE209C).
 
O importe máximo das subvencións que se concedan no 2021 será de 8.162.014 euros e distribuiranse nas seguintes anualidades:
 
Aplicación orzamentaria       Código proxecto          Anualidade-2021          Anualidade-2022          Anualidade-2023
15.03.723A.770.1                      201600293                   2.249.999,00 €              3.906.290,00 €              1.953.145,00 €
15.03.723A.780.1                      201600293                        17.000,00 €                   25.680,00 €                  12.900,00 €
 
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, aso organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que desenvolvan a súa actividade profesional no sector pesqueiro e teñan a sede social en Galicia.
 
Consideraranse subvencionables os gastos realizados e pagados entre o 1 de xullo de 2016 e o 31 de decembro de 2023. A data límite enténdese en todos os casos sen prexuízo do número de anualidades que se estableza en cada resolución de concesión de axuda. Non obstante, as operacións non se seleccionarán para recibir axuda do FEMP se concluíron materialmente ou se executaron integramente antes de que a persoa beneficiaria presente a solicitude de axuda.
 
Na presente convocatoria consideraranse subvencionables só aqueles gastos efectivamente pagados dentro do período de execución da orde de convocatoria, que será do 1 de xullo de 2021 ao 30 de xuño de 2023. Quedan exceptuados deste prazo límite os gastos correspondentes con gastos de persoal, obrigas tributarias ca Seguridade Social, correspondentes aos meses en que non se poidan facer efectivos na data límite de execución, e que se considerarán subvencionables de ser efectivamente pagados dentro do seguinte trimestre ao de finalización do prazo de execución das axudas e non máis alo do 30 de setembro de 2023.