Noticia: Mariñeiros por un día.- "O mar nun clic" - (Proxecto educativo)


Agregada el 24/3/2021, modificada por última vez el 24/3/2021.


Xuntamos enlaces onde poden ollar videos relacionados co proxecto educativo Mariñeiros por un día "O mar nun clic".

Este proxecto vai dirixido a escolares de Primaria e ESO para acercalos ao mundo do mar e da pesca.

- Youtube: https://youtu.be/1-uValvYG0I

- Twitter: pic.twitter.com/CbbmU0mqlJ

 

Tamén poden ampliar información do proxecto educativo na páxina web interactiva e divulgativa:

https://xn--marieirosporundia-ixb.com/

“Mariñeiros por un día, o mar nun clic” é unha adaptación á nova normalidade das visitas presenciais organizadas pola Confraría de Celeiro para aproximar aos escolares ao mundo do mar e dos produtos pesqueiros.  

O percorrido vía streaming da lonxa, o heliporto de Celeiro e o taller do Pescador segue o modelo das visitas que xa fixeron 5.000 escolares de 130 colexios nos últimos cinco anos. Cambia a forma de facelo pero non o obxectivo: dar a coñecer entre os escolares o sector pesqueiro, da man dos seus profesionais, e difundir o patrimonio e a cultura mariñeira