Noticia: Axudas para a eficiencia enerxética


Agregada el 10/2/2021, modificada por última vez el 10/2/2021.


Informamos da publicación no DOG núm. 27, do 10 de febreiro de 2021, ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE209N).).
 
 
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores.
 
Poderán ser obxecto de subvención os proxectos colectivos que se desenvolvan en portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque da Comunidade Autónoma de Galicia, e teñan algún dos seguintes obxectivos: Mellorar a eficiencia enerxética, mellorar a protección do ambiente, mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras, mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19, mellorar a calidade e incrementar o control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca
 
O prazo para presentar as solicitudes de axudas é de un mes contado desde o seguinte ao da publicación desta Orde
DOG nº 27 AXUDAS EFICIENCIA ENERXÉTICA
Descargar .pdf →