Noticia: Axudas rexeneración para a conservación dos ecosistemas mariños.


Agregada el 08/2/2021, modificada por última vez el 08/2/2021.


Informamos da publicación no DOG núm. 24, do 5 de febreiro de 2021, da ORDE do 5 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209B).
 
 
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector.
 
Poderán ser obxecto de subvención, proxectos colectivos que teñan por obxecto recuperar hábitats mariños e costeiros en favor de poboacións de especies de interese marisqueiro ou que contribúan a unha mellor xestión ou conservación dos recursos biolóxicos mariños, como pode ser a repoboación ou reintrodución de especies autóctonas.
 
O prazo para presentar as solicitudes de axudas remata o 1 de marzo de 2021
AXUDAS REXENERACIÓN
Descargar .pdf →