Noticia: Bases reguladoras para a concesión de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros


Agregada el 26/1/2021, modificada por última vez el 26/1/2021.


Comunicamos a publicación no DOGA núm. 15 , do luns 25 de xaneiro de 2021, da ORDE do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e se convoca para o ano 2021 o devadito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F).
 
As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:
 
-Limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies. (PE120A)
-Melloren a hixiene, a saúde, a seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros. (PE120B)
-En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático (PE120C)
-Aumente o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas. (PE120E)
-En servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable. (PE120F)
 
A Orde pode consultarse no seguinte enlace:
 
 
O prazo para presentación de solicitudes e dun mes contado a partir do dia seguinte da publicación da Orde no DOGA
AXUDAS ARMADORES
Descargar .pdf →