Noticia: Resolución que modifica a Resolución de Ordenación da Sardiña 2020


Agregada el 01/7/2020, modificada por última vez el 01/7/2020.


Xuntamos a RESOLUCIÓN do 29 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se modifica a resolución do 30 de abril, da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establecen disposicións de ordenación da pesqueira da sardiña ibérica (Sardina pilchardus) que se pesca en augas ibéricas da zona CIEM VIIIc e IXa.

• Para a campaña 2020 limítanse as capturas totais para a flota española 6.400.510 kg,

• 3.741.610 kg. corresponden as embarcacións censadas no Cantábrico e Noroeste (cerco mais racú e piobardeira).

• Para os buques de artes menores que utilicen o arte do xeito 164.493 kg.

• A pesqueira rematará a partir das 0:00 horas do 1 de novembro, excepto para as embarcacións de xeito que poderán seguir faenando de ter cota.

Para as flotas censadas no Cantábrico Noroeste (cerco, racú e piobardeira) establécense os seguintes topes de captura:

? Do 4 de maio ao 31 de maio 1.000 kg barco/día dentro dos cales so poderá haber 500 kg de sardiña entre 11 e 15 Cm.

? A partir do 1 de xuño ata fin de campaña 1.500 kg barco/día dentro dos cales só poderá haber 500 kg de sardiña entre 11 e 15 Cm. 

report_RESOLUCION ACTUALIZACIÓN SARDINA IBERICA 29062020 (002)
Descargar .pdf →