Noticia: Axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros.


Agregada el 02/1/2020, modificada por última vez el 02/1/2020.


Comunicamos a publicación no DOGA núm. 245 , do xoves 26 de decembro de 2019, da ORDE do 5 de decembro de 2019 pola
que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para
investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo
e da Pesca (FEMP) e se convoca para o ano 2020 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto.
 
As axudas terán como finalidade realizar investimentos que:
 
• Limiten o impacto da pesca no medio mariño e adaptación da pesca á protección das especies.
• Melloren a hixiene, a saúde, a seguranza e condicións de traballo en buques pesqueiros.
• En eficiencia enerxética e mitigación do cambio climático
• Aumente o valor engadido, a calidade dos produtos e a utilización de capturas non desexadas.
• En servizos de asesoramento para fomentar a pesca sustentable
 
A Orde pode consultarse no seguinte enlace
 
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191226/AnuncioG0427-121219-0002_gl.html
 
O prazo para presentar as solicitudes será de un mes a contar dende o día seguinte ao da publicación destas axudas.
 
 
axudas a armadores
Descargar .pdf →