Noticia: Orde proxectos colectivos 2019-2020


Agregada el 15/5/2019, modificada por última vez el 15/5/2019.


Informamos da publicación no D.O.G núm. 91, do martes 14 de maio de 2019, do extracto e da ORDE
do 26 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano
2019, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo
Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade
mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas,
así como ao fomento da sensibilización ambiental.
 
O importe máximo das subvencións que se concedan no 2019 será de 3.440.000 euros e distribuiranse
nas seguintes anualidades:
 
– Anualidade 2019: 1.720.000 euros.
– Anualidade 2020: 1.720.000 euros
 
Consideraranse subvencionables os gastos realizados e pagados entre o 1 de xullo de 2016 e o
31 de decembro de 2023. A data límite enténdese en todos os casos sen prexuízo do número de
anualidades que se estableza en cada resolución de concesión de axuda. Non obstante, as
operacións non se seleccionarán para recibir axuda do FEMP se concluíron materialmente ou se
executaron integramente antes de que a persoa beneficiaria presente a solicitude de axuda.
 
Para a convocatoria de 2019 o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde
o día seguinte ao da publicación desta orde.
 
Pódese acceder a orde a través do seguinte enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20190514/AnuncioG0427-300419-0001_gl.pdf