Noticia: Borrador Resolución ordenación pesca sardina ibérica en las zonas VIII-C y IX-A


Agregada el 04/4/2019, modificada por última vez el 04/4/2019.


 
Xuntamos o Borrador da RESOLUCIÓN da Secretaría Xeral de Pesca. Pola que se establecen disposicións de ordenación da pesqueira da sardiña ibérica
(Sardina pilchardus) que se pesca en augas ibéricas da zona CIEM VIIIc e IXa.
 
• Establecese a apertura da pesqueira de sardiña as 0:00 horas do día 1 de xuño.
 
• Establecese o final pesqueira a partir das 0:00 do 1 de novembro.
 
• Para a campaña 2019 limítanse as capturas totais para a flota española hasta o 31 de agosto a 2.415,35 toneladas, (das cales 1.474,04 corresponden as
embarcacións censadas no Cantábrico e Noroeste). A partir desta data fixarase a cantidade para o segundo período que contará con un mínimo de 1.035,15
toneladas, para toda a flota española.
 
• Para o primeiro período (hasta 31 de agosto) as cantidades entre as flotas distribúese da seguinte maneira:
? Xeito 62,07 toneladas
? Resto de flota (cerco, racú e piobardeira) CNW 1.411,97
 
• Para a flota de cerco, racú e piobardeira censada no CNW establécense uns topes de desembarque para o primeiro período (do 1 de xuño ao 31 de agosto)
de 6.000 kg semanais por buque.
 
• Continuarase co programa de observadores científicos a bordo.
 
Poderanse enviar alegacións o citado borrador hasta o 9 de abril as 12 da maña, polo que as mesmas deberan achegarse a esta Federación hasta o día 8 de abril.
Borrador Resolución SARDINA apertura 2019 Vs1 (1 abril 19)
Descargar .pdf →