Noticia: Examenes Libres para Mariñeiro, Patrón Local e Patrón Costeiro Polivalente-2019


Agregada el 24/12/2018, modificada por última vez el 24/12/2018.


De conformidade co establecido no apartado 4, do artigo 17 da Orde do 31 de xullo de 2014, pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para obtención das titulacións de
mariñeiro/a pescador/a patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 156 do 19/08/2014), a dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e marítimo-pesqueiro poderá convocar anualmente, nos seus centros de ensino, un exame ordinario de carácter libre para as titulacións recollidas nesta orde.
 
Esta dirección xeral no uso das facultades que lle confire o Decreto 39/2018, do 5 de abril polo que se modifica o Decreto 168/2015, do 13 de novembro, polo que se aproba a estrutura
orgánica da Consellería do Mar (DOG núm. 78 do 23/04/2018) e a disposición derradeira primeira da antedita Orde de 31 de xullo de 2014, resolve convocar os exames ordinarios de carácter libre para as titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia.
 
Primeiro.- Obxecto.
O obxecto desta resolución é convocar e fixar as datas e os lugares de realización dos exames ordinarios de carácter libre para obter as titulacións de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa
local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019.
 
Segundo.- Normais xerais.
Os exames teóricos e prácticos, os contidos formativos, as condicións de acceso e a documentación necesaria para a matrícula será a establecida pola Orde de 31 de xullo de 2014 e a súa corrección de erros (DOG núm. 161 do 26/08/2017). Os exames teórico-prácticos realizaranos os tribunais que se constitúan de conformidade co establecido no artigo 18 da citada orde.
 
Terceiro.- Solicitude, documentación e procedemento de matrícula para presentarse aos exames teórico-prácticos.
As persoas candidatas solicitarán a correspondente matrícula segundo o indicado no artigo 7 da Orde do 31 de xullo de 2014. Terán que cumprimentar a solicitude que figura como anexo II da citada orde (procedemento PE607C). O modelo de solicitude estará tamén dispoñible na Guía de Procedementos e Servizos no seguinte enderezo https://sede.xunta.gal/guia-deprocedementos- e-servizos.
 
Ademais terán que cumprir as condicións de acceso establecidas no artigo 4 da citada Orde para as distintas titulacións.
 
As persoas interesadas deben achegar a seguinte documentación para poder presentarse aos exames teórico e prácticos:
 
a) Solicitude (procedemento PE607C)
 
b) Certificado de formación mínima de estudos ou, de ser o caso, declaración responsable de ter coñecementos básicos de lecto-escritura segundo o cadro que figura no propio anexo (para mariñeiro/a pescador/a).
 
c) Declaración responsable de posuír aptitude física para realizar unha proba de natación previa á realización do exame de coñecementos teórico-prácticos de mariñeiro/a pescador/a (para mariñeiro/a pescador/a).
 
d) Copia do título profesional ou, de ser o caso, copia da folla do caderno marítimo onde se acredite estar en posesión do dito título (soamente para patrón/a local de pesca e patrón/a costeiro/a polivalente).
 
e) Xustificante do aboamento das taxas que outorgan o dereito ao exame segundo o establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia (BOE núm. 12, do 14/01/2004) e na Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016 (DOG núm. 249, do 31/12/2015). O pago poderase facer por vía telemática ou presencial e deberá realizarse dentro dos prazos establecidos para a matrícula.
 
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https:sede.xunta.gal). Opcionalmente,
tamén se poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
 
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https:sede.xunta.gal/chave365).
 
Así mesmo, as solicitudes poderán presentarse directamente nos centros oficiais de ensino pesqueiro dependentes da dirección xeral con competencias en materia de ensino náutico e
marítimo-pesqueiro onde se examinen os/as aspirantes, e poderán informarse nas súas secretarías.
 
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano
administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
 
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá  requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, no seu defecto, a acreditación por
outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
 
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada
da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
 
A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro poderá esixir as persoas solicitantes a presentación dos orixinais ou copia compulsada dos méritos alegados, que se deberán
presentar nun prazo máximo de tres días, contado a partir do momento do seu requirimento.
 
Serán causas de exclusión a demostración da falsidade documental, a non correspondencia cos orixinais e a incorrección na documentación presentada.
 
Unha vez finalizado o prazo de matrícula para presentarse ós exames ordinarios de carácter libre para as titulacións obxecto desta resolución e que aparece indicado no anexo I, farase
pública a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas no portal web de formación da Consellería do Mar http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-
do-alumnado e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro, dando un prazo de 10 días hábiles para que as persoas excluídas poidan emendar as deficiencias,
de acordo co disposto no artigo 68.1 da Lei 39/2015 do procedemento administrativo común e das administracións públicas.
 
Os/as aspirantes que non procedan a realizar as emendas no prazo indicado no apartado anterior implicará a perda da taxa e o dereito a realizar o exame. O feito de figurar na
relación da listaxe provisional non prexulga que se lle recoñeza á persoa interesada a posesión dos requisitos esixidos neste procedemento.
 
As listaxes definitivas das persoas admitidas e excluídas se publicarán no portal web de formación da Consellería do Mar e nos taboleiros de anuncios de cada centro oficial de ensino pesqueiro
 
Cuarto.- Comprobación de datos
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións Públicas:
 
- Consulta do DNI ou NIE do/da solicitante
- Consulta do DNI ou NIE do/da representante.
- Copia do título profesional de mariñeiro/a pescador
- Copia do título profesional de patrón/patroa local de pesca
- Copia do título profesional de patrón/patroa costeiro polivalente
 
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
 
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
 
Quinto.- Protección de datos.
Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia - Consellería do Mar - coas finalidades de levar a cabo a tramitación
administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta cidadá.
 
O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme á normativa recollida na ficha do procedemento incluída
na Guía de Procedementos e Servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados
tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.
 
Os datos serán comunicados ás Administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os
cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercitar
outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento
administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https:// www. xunta.gal/proteccion-datos-persoais.
 
Sexto.- Datas e lugares de exame.
As datas dos exames teóricos e prácticos, así como os lugares onde se realizarán aparecen indicados no anexo I desta resolución.
 
No caso de non presentarse ao exame non dará lugar ao cambio ou a devolución da taxa de matrícula.
 
Se precisa un mínimo de 15 persoas matriculadas para realizar calquera dos exames ordinarios de carácter libre nun centro de ensino. No caso de non acadarse este mínimo requirido
non se poderá facer o exame en dito centro. Neste caso, as persoas matriculadas deberán realizar o exame no lugar indicado pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
 
As horas dos exames, así como os criterios de organización e avaliación destes, serán anunciados no portal web de formación da Consellería do Mar e no taboleiro de anuncios de
cada centro de ensino.
 
Sétimo.- Desenvolvemento das probas.
Rematados os exames, o/a secretario/a do tribunal publicará no portal web de formación da Consellería do Mar e nos taboleiros de anuncios dos centros correspondentes unha copia do
exame e a folla coas respostas correctas, cando sexan tipo test, co fin de que as persoas interesadas poidan comprobar o resultado do seu exercicio.
 
Unha vez corrixidos os exames teóricos e prácticos, o tribunal fará públicas no taboleiro de anuncios do centro de ensino as listas provisionais das cualificacións, así como no portal web
de formación da Consellería do Mar.
 
Os/as interesados/as disporán dun prazo de 10 días hábiles dende a publicación no portal web de formación da Consellería do Mar para formular reclamacións ante o tribunal sobre as cualificacións
provisionais.
 
Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o/a presidente/a do tribunal ditará unha resolución coa lista das persoas que superaron as probas. Estas resolucións serán publicadas no
taboleiro de anuncios do centro e no portal web de formación da Consellería do Mar. Non obstante, para os actos de trámite individualizados que poidan xurdir no procedemento, estarase
ao disposto no punto seguinte.
 
Oitavo.- Notificacións.
As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a
recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas
se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.
 
As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia – Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta a disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.
 
Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
 
A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir
notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida, nin produza efectos no procedemento, unha opción
diferente.
 
As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de
carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación
sen que se acceda ao seu contido.
 
Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na
normativa reguladora do procedemento administrativo común.
 
Noveno.- Requisitos para obtención do título.
Unha vez superadas as probas para obter o título de mariñeiro/a pescador/a, patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro polivalente, deberán reunir os requisitos establecidos
no Real Decreto 36/2014, do 24 de xaneiro polo que se regulan os títulos profesionais de sector pesqueiro (BOE núm. 41 do 17/02/2014).
 
Décimo.- Temarios dos exames e criterios de corrección.
Os temarios oficiais de exame son os recollidos na Orde do 31 de xullo de 2014, pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para obtención das titulacións de mariñeiro/a
pescador/a patrón/patroa local de pesca e patrón/patroa costeiro/a polivalente na Comunidade Autónoma de Galicia e na súa corrección de erros (DOG núm. 156 do 19/08/2014 e DOG núm.
161 do 26/08/2014).
 
Os criterios de corrección dos exames de cada titulación están establecidos nos anexos III, IV e V da Orde do 31 de xullo de 2014 e na súa corrección de erros.
 
Undécimo.- Recursos.
Contra as resolucións do/a presidente/a do tribunal os/as interesados/as poderán interpor recurso de alzada perante a Conselleira do Mar, no prazo dun mes, a contar dende o día seguinte
ao da publicación da listaxe das notas definitivas no portal web de formación da Consellería do Mar.
 
Contra a resolución desta convocatoria poderán os/as interesados/as interpor recurso de alzada perante a Conselleira do Mar, no prazo dun mes, a contar dende o día seguinte ao da súa
publicación no Diario Oficial de Galicia.
 
 
Santiago de Compostela,
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Susana Rodríguez Carballo
 
Datas dos examenes
Descargar .pdf →