Noticia: Curso mariñeiro pescador on line


Agregada el 08/4/2021, modificada por última vez el 08/4/2021.


A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro RESOLVE:

Autorizar un curso de mariñeiro/a pescador/a na modalidade de teleformación que será titorizado por persoal pertenecente a Consellería do Mar.

Primeiro.

O curso de teleformación de mariñeiro/a pescador/a terá unha duración de 50 horas.

As datas de prematrícula, matrícula e dos cursos, así como o número de prazas son as seguintes:

  • Datas de prematrícula: dende as 08:00h do 29 de marzo de 2021 ata as 15:00 horas do 16 de abril de 2021.
  • Datas de matrícula: 10 días naturais a partir do día seguinte que se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas no curso no portal web de formación da Consellería do Mar. A relación das persoas admitidas será a establecida en función da hora e do día da prematrícula. Se creará unha lista de reserva por rigoroso orde a partir da última persoa admitida no curso. A lista de reserva poderá utilizarse en caso de producirse baixa na inscripción.
  • Datas do curso: do 18 de maio ao 25 de xuño de 2021
  • Número de prazas: 60

Segundo.

As características da modalidade de teleformación para obter a titulación profesional náutico pesqueira de mariñeiro/a pescador/a, as condicións de acceso ao curso e a documentación para formalizar a matrícula e o modelo de solicitude, son as establecidas na Resolución do 15 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro pola que se establece a modalidade de teleformación para á obtención da titulación profesional náutico-pesqueira de mariñeiro/a pescador/a.

A referida resolución está publicada no portal web de formación da Consellería do Mar: URL:http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado/teleformacion

Terceiro.

Rematado o curso de teleformación realizaráse un exame que terá lugar na Escola Oficial Náutico Pesqueira na cal foi matriculado (Ferrol, Vigo ou Ribeira).

Asimesmo, tal como establece a Resolución do 15 de setembro de 2016 da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro será necesario superar unha proba de natación o mesmo día do exame para poder presentarse a este exame final.

A información do día e da hora de realización da proba de natación e do exame final publicarase no portal web de formación da Consellería do Mar: http://mar.xunta.gal/gl/o-mar/investigacion-e-formacion/formacion/informacion-do-alumnado/teleformacion

Cuarto.

Rematado o exame teórico-práctico, o tribunal do exame publicará no portal web de formación da Consellería do Mar e no taboleiro de anuncios do centro de ensino, unha copia do exame e a folla coas respostas correctas, co fin de que as persoas interesadas poidan comprobar os seus resultados.

Unha vez correxido o exame teórico-práctico, o tribunal fará pública a listaxe provisional das cualificacións no portal web de formación da Consellería do Mar e no taboleiro de anuncios do centro de ensino.

As persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días hábiles para facer reclamacións en relación as cualificacións provisionais, que irán dirixidas ao tribunal do exame teórico-práctico.

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas, o/a presidente/a do tribunal publicará a listaxe definitiva das cualificacións, nos mesmos sitios en que se publicou a listaxe provisional.

Quinto. 

Contra a resolución do/da presidente/a do tribunal as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da publicación da listaxe das notas definitivas no portal web de formación da Consellería do Mar.

Contra a resolución desta convocatoria poderán as persoas interesadas interpor recurso de alzada perante a conselleira do Mar, no prazo dun mes, a contar desde o día seguinte ao da súa publicación no portal web de formación da Consellería do Mar

curso MP online Ferrol maio-xuño 2021
Descargar .pdf →
curso MP online Ribeira maio-xuño 2021
Descargar .pdf →
curso MP online Vigo maio-xuño 2021
Descargar .pdf →