Noticia: Colaboración en enquisas para a elaboración dun Plan Estratéxico da Pesca Artesanal en Galicia.


Agregada el 12/8/2019, modificada por última vez el 12/8/2019.


Xuntamos escrito recibido da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica referente á elaboración
dun Plan Estratéxico da Pesca Artesanal.
 
Como traballo previo a Consellería contrata á consultoría “Sinerxia Plus Consultora SLU” para a elaboración dun
cuestionario ao que tendes acceso a través do enlace:
 
 
Solicitase a máxima difusión e participación na enquisa telemática para acadar a máxima información posible do sector
pesqueiro artesanal.
 
 
 
Escrito enviado pola Directora Xeral De Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Mercedes Rodríguez Moreda:
 
O motivo da presente é o de informar de que a Consellería do Mar, a través da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e
Innovación Tecnolóxica, está a desenvolver o proxecto de elaboración dun Plan Estratéxico da Pesca Artesanal a través
do cal se pretende a partir da situación actual desta actividade, tan importante para o noso sector, establecer prazos e
actuacións concretas que nos permitan chegar a uns obxectivos claros, realistas e compartidos por todos.
 
Para poder definir estes obxectivos é imprescindible que a definición da estratexia se faga de forma participativa e se
teña en conta aos distintos axentes que interveñen en esta actividade; polo tanto sobra resaltar a importancia que nesta
recompilación de información teñen as Confrarías de Pescadores.
 
Para isto, necesitamos que dende as Confrarías de toda Galicia, colaboraren coa empresa que está a realizar este traballo,
“Sinerxia Plus Consultora, SLU” , que se poñerá en contacto con vós para que a través da web, tanto o maior número posible
de asociados ás confrarías de Galicia cubran unha sinxela enquisa.
 
Agradecendo de antemán a vosa colaboración,
 
Santiago de Compostela,