Noticia: Resolución ordenación pesca anchoa en la zona VIII y apertura de la pesquería


Agregada el 14/3/2019, modificada por última vez el 14/3/2019.


A continuación xuntamos a Resolución do 11 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral de Pesca, polo que se establecen medidas de ordenación da pesqueira da anchoa (Engraulis encrasicolus) na zona CIEM VIII en 2019.
 
- As normas desta resolución son de aplicación ás embarcacións censadas na modalidade de cerco do Cantábrico e Noroeste. Stock ANE/08 durante a campaña 2019
 
- A pesqueira finalizará as 00:00 horas do 30 de novembro
 
- Establécense os seguintes topes de captura e desembarco:
 
Durante o primeiro semestre
 
• 10.000 Kg. Buque/día para as embarcacións de máis de 120 Gts ou que teñan enrolados 12 ou máis tripulantes.
 
• 8.000 Kg. Buque/día para o resto de embarcacións. Durante o segundo semestre, do 1 de xullo o 30 de novembro os topes de capturas serán o 75% dos topes asignados para o primeiro semestre, e dicir 7.500 e 6.000 kg/barco/día respectivamente.
 
- O consumo da cota da que dispoñe España realizarase asignando para o primeiro semestre o 85 % e o 15 % para o segundo semestre. No caso de que non se consuma totalmente a cota asignada para o primeiro semestre o sobrante pasará a incrementar a cota do segundo semestre.
Resolución 11 marzo anchoa VIII CNW
Descargar .pdf →