Noticia: Plan experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) con nasa para a campaña 2018-2019.


Agregada el 29/5/2018, modificada por última vez el 29/5/2018.


Informamos da publicación no DOG da Resolución do 8 de maio de 2018 pola que se aproba o PLAN EXPERIMENTAL PARA A XESTIÓN DO POLBO (Octopus vulgaris) CON NASA PARA A CAMPAÑA 2018-2019.
 
- A época de vixencia do plan abranguerá desde o 18 de maio de 2018 ata a data da inicio da veda do ano 2019
 
- O período de veda para 2018 queda establecido entre as 16:00 horas do 18 de maio ata as 5:00 horas do 2 de xullo de 2018.
 
- Cotas máximas diarias de captura e desembarco: dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2018 a cota máxima será de 30 kg/barco/día ao que se lle engadirán 30 kg/día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 210 kg/día. No que resta de campaña a cota máxima será de 50 kg/barco/día ao que se lle engadirán 50 kg/día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 kg/día.
DOG Plan nasa polbo 2018-2019
Descargar .pdf →