Noticia: Axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas e mellora da eficiencia enerxética.


Agregada el 01/2/2022, modificada por última vez el 01/2/2022.


Informamos da publicación no DOG núm. 20, do 31 de xaneiro de 2022, da ORDE do 4 de xaneiro de 202 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2022 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos de modernización das infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou dos establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, e da calidade e do control e rastrexabilidade dos produtos desembarcados da pesca, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP) e tramitada como expediente anticipado de gasto (código de procedemento (PE209G)

Pódese acceder a Orde a través do seguinte enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220131/AnuncioG0427-050122- 0005_gl.pdf

Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores.

Poderán ser obxecto de subvención os proxectos colectivos que se desenvolvan en portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque da Comunidade Autónoma de Galicia, e teñan algún dos seguintes obxectivos: Mellorar a eficiencia enerxética, mellorar a protección do ambiente, mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras, mellorar a seguridade e as condicións de traballo das persoas pescadoras como consecuencia da crise sanitaria provocada pola COVID-19, mellorar a calidade e incrementar o control e a rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca

O prazo para presentar as solicitudes de axudas é de un mes contado desde o seguinte ao da publicación desta Orde

24-2022 AXUDAS EFICIENCIA ENERXÉTICA
Descargar .pdf →