Noticia: Resolución Plan Experimental para a Xestión do Polbo.- Campaña 2021-2022


Agregada el 22/4/2021, modificada por última vez el 22/4/2021.


Xúntase a Resolución pola que se aproba o PLAN EXPERIMENTAL PARA A XESTIÓN DO POLBO (Octopus vulgaris) CON NASA PARA A CAMPAÑA 2021-2022
 
- O período de veda para 2021 queda establecido entre as 16:00 horas do 30 de abril ata as 5:00 horas do 5 de xullo de 2021
 
- As capturas desembarcadas o 30 de abril poderán ser comercializadas tamén o 1 de maio.
 
- Cotas máximas diarias de captura e desembarco: dende o 5 de xullo ata o 31 de agosto de 2021 a cota máxima será de 30 kg/barco/día ao que se lle engadirán 30 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 210 kg/día. No que resta de campaña a cota máxima será de 50 kg/barco/día ao que se lle engadirán 50 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 350 kg/día.
 
- A vixencia do plan abranguerá dende o 30 de abril de 2021 ata a data de inicio da veda do ano 2022.
PLAN EXP-XESTIÓN POLBO_2021-2022
Descargar .pdf →