Noticia: Mobilidade de terminais TICPESC “MOVTIC”


Agregada el 17/4/2021, modificada por última vez el 17/4/2021.


Presentación.

A aplicación MOVTIC é unha ferramenta de acceso á administración electrónica que a Consellería do Mar pon ao servizo do sector pesqueiro e dos cultivos mariños. Empregando esta aplicación pódese xestionar:

  • Documento de alternancia de artes: para declarar a arte despachada polo buque para o exercicio da actividade pesqueira.
  • Declaración de zona de traballo para titulares de permisos de marisqueo a pe con embarcación auxiliar: para declarar a zona de traballo na que vai traballar o titular.
  • Documento de movemento de mexilla procedente de bancos naturais: para xestionar a actividade de recolección de mexilla e a súa inmersión na batea.

Para quén?

Actualmente as funcionalidades dispoñibles no sistema aplican aos seguintes tipos de usuarios sectoriais. Por una banda aos armadores de embarcacións pesqueiras rexistradas no Rexistro de Buques de Galicia. Por outra aos titulares de permisos de marisqueo a pe con embarcación auxiliar. Ademais, aqueles usuarios concesionarios de viveiros flotantes habilitados para a extracción de mexilla tamén teñen na aplicación funcionalidades dispoñibles. Ao logo dos próximos meses ampliarase o uso a novos tipos de usuarios sectoriais.

Como acceder á aplicación MOVTIC?

A aplicación está dispoñible a través de Internet e nas distintas tendas de aplicacións. En particular pódese acceder á aplicación a través das seguintes canles:

  • Desde un navegador web a través da URL https://www.pescadegalicia.gal/movticsectorialweb.
  • Desde un dispositivo Android instalando a aplicación MOVTIC desde a Play Store.
  • Desde un dispositivo iOS instalando a aplicación Poxa MOVTIC desde a App Store.

Que datos preciso para acceder á aplicación?

O usuario comprador unicamente precisa indicar as súas credenciais de acceso á aplicación. O sistema de rexistro de credencias é Chave365.

Que é Chave 365 e como podo conseguir as miñas credenciais?

Chave 365 é un sistema de identificación dos cidadáns que permite a realización de trámites coa Xunta de Galicia a través de Sede electrónica e que ademais se usa para o control de acceso á aplicación MOVTIC.

No caso de non dispor de credenciais de Chave 365, o cidadán ten que darse de alta por unha das seguintes vías:

  • De xeito electrónico a través da Sede electrónica da Xunta de Galicia, mediante o procedemento de alta en Chave365. Neste caso a alta é inmediata. Para solicitala necesitase ter instalado no navegador un certificado electrónico válido para ese mesmo NIF, ou ben o DNI electrónico.
  • De xeito presencial, dirixíndose a calquera dos órganos ou unidades administrativas da Xunta de Galicia que realicen as funciones de rexistro de usuarios Chave365 (por exemplo Oficinas Agrarias Comarcais). Debe acudir persoalmente e acreditar a súa identidade mostrando o DNI o TIE. Os cidadáns comunitarios que non teñan a tarxeta de residencia presentarán o Certificado de rexistro de cidadáns da Unión e o seu pasaporte.

Para máis información sobre Chave365 e as súas funcionalidades e características acceda a Web: https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/chave365

Que funcionalidades están dispoñibles na aplicación?

Actualmente na aplicación pódense realizar xestións sobre os seguintes documentos telemáticos. Compre indicar que cada usuario, en función da súa actividade dos medios de produción asociados, ten un conxunto de opcións particularizado.

  • Documento de alternancia de artes.
  • Declaración de zona de traballo para mariscadores a pe con embarcación auxiliar.
  • Documento de movemento de mexilla procedente de bancos naturais.

Para cada un destes documentos o usuario pode realizar as seguintes accións:

  • Expedición dun novo documento.
  • Consulta dun documento.
  • Anulación de documento, sempre que se cumpran as condicións necesarias.
  • Rexistro de entrada en destino (Unicamente para o documento de movemento de mexilla procedente de bancos naturais).

Adicionalmente, o sistema permite realizar consultas sobre as seguintes informacións de interese:

  • Biblioteca de documentos, para acceder sen conexión aos documentos descargados.

Teléfono de soporte a usuarios 24 horas 986 447 232

Para outras cuestións: Servizo de Análise e de Rexistros (Consellería do Mar) sarex.mar@xunta.gal

 

Aclaracións:

Con data do 14 de abril e motivado por unha serie de consultas, recibiuse no correo da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Lugo por parte do Servizo de Análise e Rexistro, un folleto explicativo da nova aplicación que se instala no teléfono e permite realizar a alternancia sen ter que solicitarllo á confraría ou ir ao TICPESC.

Unha vez posto en coñecemento do sector, e parecéndolle unha moi boa ferramenta, aportan unha serie de dúbidas acerca desta aplicación.

Creemos que é moi importante aclarar estas dúbidas orixinadas polos usuarios dos terminais e, polo tanto, trasladamos as mesmas para a súa aclaración ao Servizo de Análise e Rexistro .

Remitimos a contestación ás dúbidas trasladadas para a súa difusión entre os asociados:

As dúbidas xurdidas (e a contestación por parte do servizo) son as seguintes e

a. Para poder baixar a aplicación necesítase ter a credencial da CHAVE 365, esta credencial a poden solicitar as persoas xurídicas?

Non. O sistema só está dispoñible para persoas físicas, sen prexuízo do seu uso por parte de representantes ou apoderados debidamente autorizados para estes efectos.

b. Unha vez baixada a aplicación, o documento que se xenere (doc de alternancia, etc.) hai que imprimilo ou é válido mostralo no móbil. ?A efectos de inspección de garda costas, servizo marítimo, Garda Civil, Policía Nacional (doc de transporte) etc.).

Os corpos de inspección dispoñen dunha aplicación similar onde poden comprobar estos documentos. Non será necesario levar o documento impreso.

c. Como xa se nos indicou por teléfono, estase a traballar na tramitación, a través da aplicación, do documento de transporte e nos transmiten a seguinte pregunta: unha vez que se teña ese servizo na aplicación, como se fan as pesadas? Será o mesmo que nos terminais de TICPESC que non teñen báscula e hai que ter en conta a porcentaxe de erro na pesada?

Polo de agora esta funcionalidade non está en funcionamento. Cando esté funcionando non eliminará a obriga de pesar os produtos desembarcados, polo que tan só estará activa naqueles lugares de desembarque que acrediten capacidade para pesar os produtos.

Con respecto ao apartado A hai que aclarar os seguinte:

- que todos os armadores que consten como tal no rexistro da Consellería (sexan persoa xurídica ou física) teñen que solicitar a CHAVE 365 como persoa física e baixar a aplicación no móbil.

- As embarcacións que esteñan explotadas por unha persoa xurídica e na consellería non conste quen son os representantes só teñen que remitir a documentación na que se acredite quen son os responsables da entidade xurídica a través da sede electrónica (PR004A), dirixido á Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Si, despois destas aclaracións, xurden máis dúbidas, contactade coa Federación para que se poidan transmitir ao Servizo de Análise e Rexistro para a súa aclaración.