Noticia: Convocatoria de dous cursos de Recolector de Recursos Específicos a mergullo.


Agregada el 08/4/2021, modificada por última vez el 08/4/2021.


A Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro RESOLVE,

Convocar dous cursos (2) de Recolector/a de Recursos Específicos con Técnicas de Mergullo no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa.

Primeira.- Requisitos das persoas candidatas (artigo 2 da Orde do 1 de outubro de 2008)

- Ter cumpridos os dezaoito anos de idade

- Ter rematada a ensinanza académica obrigatoria

- Superar as probas médicas de aptitude ao mergullo profesional segundo establecido no anexo IX da orde da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 23 de abril de 1999

Segunda.- Documentación a presentar no IGAFA polas persoas aspirantes

  • Solicitude normalizada segundo o anexo I da Orde do 1 de outubro de 2008
  • Fotocopia compulsada do DNI
  • Fotocopia compulsada do documento que acredita ter rematada a escolarización obrigatoria

Terceira.- Os cursos terán lugar no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (IGAFA) na Illa de Arousa. As datas de presentación de solicitudes e dos cursos, os horarios e o número de prazas son as seguintes:

  • Prazo de matrícula: do 7 ao 23 de abril de 2021
  • Curso 1: do 24 de maio ao 15 de xuño de 2021; de luns a venres de 15:30 a 20:30 horas
  • Curso 2: do 16 de xuño ao 8 de xullo de 2021; de luns a venres de 15:00 a 20:00 horas
  • Número de prazas: 12 prazas por curso.

Cuarta.- Probas físicas en piscina previas a realización dos cursos (artigo 4 da Orde do 1 de outubro de 2008).

O listado de persoas seleccionadas para realizar as probas físicas se publicará o 3 de maio de 2021 na páxina web da Consellería do Mar e no taboleiro de anuncios do IGAFA. As persoas aspirantes os cursos deberán superar as seguintes probas físicas:

  • Facer unha apnea estática dun minuto. As persoas aspirantes disporán de tres intentos.
  • Facer unha apnea dinámica de 25 m de lonxitude en dous intentos e sen lentes de mergullo.
  • Nadar 200 m a estilo braza ou crol.

As persoas aspirantes elixirán o estilo e manterano ata o remate da proba con lentes de mergullo.

As persoas aspirantes deberán presentar, o día das probas físicas, un certificado médico, en impreso oficial, que as cualifique “coa aptitude física necesaria para a realización das probas físicas en piscina esixidas para o acceso ao curso de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo, segundo o artigo 4.1.a) da Orde do 1 de outubro de 2008 (DOG nº 196, do 09/10/2008)”

As datas de realización das probas físicas serán o 6 e 7 de maio de 2021 ás 16:00 horas

Quinta.- Proba da cámara hiperbárica previa a realización dos cursos (artigo 4 da Orde do 1 de outubro de 2008).

Unha vez superadas as probas físicas deberán realizar o Test de comprensión e tolerancia ao oxíxeno hiperbárico, que consiste no seguinte:

  • Descenso a 50 m.c.a. a unha velocidade máxima de 24 metros por minuto respirando aire, ascenso ata 18 m.c.a. respirando aire, xa na cota de 18 m.c.a. respirar oxíxeno medicinal durante 30 minutos, ao remate continuar respirando oxíxeno medicinal ata a superficie. Esta proba realizarase en cámara hiperbárica.

As persoas aspirantes os cursos deberán presentar o día da proba da cámara hiperbárica, un certificado médico que as cualifique como aptas para facer esta proba. Este recoñecemento médico deberá ser realizado por persoal facultativo habilitado, tal como se establece no artigo 3.2 da Orde do 1 de outubro de 2008, que regula o procedemento de obtención da certificación profesional para a extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tamén é obrigatorio presentar unha PCR negativa feita nas últimas 72 horas á realización da proba da cámara hiperbárica.

As datas da proba de tolerancia ao oxíxeno hiperbárico se realizarán os días 20 e 21 de maio de 2021 ás 16:00 horas.

Durante a realización das probas físicas e tolerancia ao oxíxeno hiperbárico estará presente un tribunal constituído por persoal da administración da Consellería do Mar.

Sexta.- Criterios de selección dos/as candidatos/as

  • O número de prazas por curso é de doce (12) e dous (2) suplentes.
  • Unha vez rematadas as probas físicas, si hai máis aspirantes que prazas, o tribunal realizará un sorteo público. Para isto, o listado de persoas que superaron ditas probas se ordenará alfabeticamente e será numerado (mantendo a orde alfabética), extraéndose a continuación un número que indicará a orde de persoas seleccionadas para os cursos.
  • As persoas seleccionadas que non superen as probas de cámara hiperbárica quedarán excluídas dos cursos.

Sétima.- No suposto de que o número de persoas admitidas para realizar os cursos sexa inferior ao número de prazas convocadas, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro reserva para si o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións dos cursos, caso en que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente. Tamén poderá modificar as datas dos cursos, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir.

Oitava.- Equipamento necesario a aportar polo alumnado para poder realizar o curso de recolector/a de recursos específicos con técnicas de mergullo

  • Traxe húmido de neopreno
  • Escarpíns, aletas regulables, gafas e tubo de mergullo, cinto de chumbos de zafado rápido cuns 10 quilos, coitelo de mergullo e luvas de traballo.

Novena.- As persoas seleccionadas para realizar os cursos deberán presentar o primeiro día de clase o xustificante de ter pagado as taxas das probas de aptitude para o obtención do certificado de extracción de recursos específicos con técnicas de mergullo

Décima.- Nomeamento dos tribunais A dirección xeral de Desenvolvemento Pesqueiro nomea os seguintes tribunais:

  • Probas físicas en piscina: 6 e 7 de maio de 2021 ás 16:00 horas

Representante da administración: Vicente Fernando Varela Parapar

Instrutor xefe: Marcelino González Maneiro

Facultativo en medicina: José Ángel Vilas Fernández

  • Probas de tolerancia ao oxíxeno hiperbárico: 20 e 21 de maio de 2021 ás 16:00 horas

Representante da administración: Vicente Fernando Varela Parapar

Instrutor xefe: Marcelino González Maneiro

Facultativo en medicina: José Ángel Vilas Fernández

  • Exame de avaliación final curso 1: 15 de xuño de 2021 ás 16:00 horas

Presidente: Vicente Fernando Varela Parapar

Secretario: Enrique González Figueroa 

Vogal: Xesús Óscar Figueiro Touceda

Instrutor xefe: Marcelino González Maneiro

  • Exame de avaliación final curso 2: 8 de xullo de 2021 ás 16:00 horas

Presidente: Vicente Fernando Varela Parapar

Secretario: Enrique González Figueroa

Vogal: Xesús Óscar Figueiro Touceda

Instrutor xefe: Marcelino González Maneiro

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante a consellería do Mar, no prazo dun mes, desde a notificación da presente resolución, segundo se dispón nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.