Noticia: Éxito da convocatoria do paro do venres 26 de marzo en contra da modificación do Regulamento de Control


Agregada el 30/3/2021, modificada por última vez el 30/3/2021.


Remitimos dosier de prensa e fotografías do acontecido o pasado venres 26 de marzo nas nosas costas para a vosa información.
 
A solidariedade é unha das bases fundamentais das confrarías de pescadores e do sector do mar; a unión amosada estes días da conta da nosa forza e da nosa importancia como entidades e como sector.
 
Non dubidedes de que esto non acaba aquí, a Federación Galega de Confrarías vai seguir loitando porque se nos escoite en Europa. Consideramos que o esforzo realizado polas Confrarías o pasado día 26 foi unha forte chamada de atención ás forzas políticas e agora estamos realizando todas as xestións ao noso alcance para continuar reflectindo o que a pesca e o marisqueo significan na nosa comunidade; de feito hoxe mesmo temos remitido unha carta ao presidente do Governo.
 
Dende o Comité Executivo da Federación Galega de Confrarías, agradecen a todas as confrarías galegas o apoio recibido e, sobre todo a imaxe de unidade e forza enviada á sociedade.
DOSIER DE PRENSA
Descargar .pdf →
Fotos Cofradias varias
Descargar .pdf →