Noticia: COVID-19. Protocolo en mareas superiores a 10 días.


Agregada el 04/7/2020, modificada por última vez el 04/7/2020.


Xuntamos o protocolo de actuación entre o Servizo Galego de Saúde, a Consellería do Mar e o Instituto Social da Mariña para o control do Covid-19 para as tripulacións de buques en mareas superiores a dez días de duración.

O protocolo ten por obxecto establecer as liñas de actuación e accións previstas por as partes para o control de posibles casos de Covid-19 que puidesen afectar as tripulacións de barcos en mareas superiores a 10 días de duración e que non poden recibir axuda médica a menos de dúas horas da súa posición.

O Servizo Galego de Saúde comprometese a facilitar test de detección de Covid19 a todos os tripulantes das embarcacións que realicen mareas de máis de 10 días e non teñan posibilidades de recibir axuda médica a menos de 2 horas da súa posición.

Os test serán realizados polos profesionais sanitarios dos que dispón o Instituto Social da Mariña, que ademais comprometese a incorporar os mesmos nos seus estudios epidemiolóxicos e incluír na formación dos tripulantes aqueles aspectos de hixiene, prevención e control de casos de contaxio por Covid-19 e aprobar un protocolo de medidas hixiénico-sanitarias para os traballadores do mar.

O presente protocolo terá unha vixencia de 6 meses

Protocolo Xunta de Galicia-ISM
Descargar .pdf →