Noticia: Publicación do Real Decreto que regula a actividade de mergullo.


Agregada el 27/6/2020, modificada por última vez el 27/6/2020.


Informamos da publicación, no BOE Núm. 177 do venres 26 de xuño de 2020, do Real Decreto 550/2020, do 2 de xuño, polo que se determinan as condicións de seguridade das actividades de mergullo.

Pódese acceder ó mesmo a través do seguinte enlace :

https://www.boe.es/boe/dias/2020/06/26/pdfs/BOE-A-2020-6745.pdf

No artigo 3. Modalidades de mergullo, no apartado e) defínese que se considera mergullo para a extracción de recursos mariños vivos ou mergullo extractivo, que seria aquel que se realiza para a recolección ou captura de recursos subacuáticos vivos, con fins comerciais no marco dun plan de xestión outorgado por unha Administración Pública.

O artigo 4. Tipos de mergullo. Define o que se considera mergullo autónomo e semiautónomo.

O artigo 5. Mergullo en apnea. Define que se considera mergullo en apnea e no seu punto c) específica que o mergullo en apnea queda prohibido para as modalidades de mergullo profesional e de mergullo extractivo. Sen embargo na Disposición Transitoria cuarta. Réxime transitorio do mergullo extractivo en apnea, indícase que se permitirá o mergullo extractivo en apnea, ata a súa prohibición definitiva, por un prazo de 10 anos dende a entrada en vigor de este real decreto, baixo unha serie de condicións como son que a unidade mínima de mergullo será a parella e limita a profundidade máxima a 7 metros, para a continuación enumerar o equipo mínimo de mergullo.

A sección 5º especifica as normas de seguridade para o mergullo extractivo.

O artigo 60 indica o equipamento mínimo para o mergullo extractivo con técnica de subministro dende superficie, o cal se enumera no apartado 3.2 do anexo III.

Este Real Decreto entra en vigor unha vez publicado no BOE

REAL DECRETO 550-2020 CONDICIÓNS DE SEGURIDADE NO MERGULLO
Descargar .pdf →