Noticia: Resolución do 12 de maio de 2020 pola que se aproba o Plan Experimental para a xestión do Polbo


Agregada el 13/5/2020, modificada por última vez el 13/5/2020.


Xuntamos o Plan Experimental para a xestión do polbo (Octopus vulgaris) con nasa, para a campaña 2020-2021

Ámbito de aplicación: Augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia

Vixencia do plan: dende o 29 de maio 2020 ata o inicio da veda do ano 2021

Período de veda: dende o 29 de maio ata o 1 de xullo de 2020

Peso mínimo: 1 kg/peza

Cotas máximas diarias

 - Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2020 a cota máxima será de 30 kg. por barco e día, ao cal se lle engadirán 30 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 210 kg/día.

 - No que resta de campaña a cota máxima será de 50 kg. por embarcación e día, ao cal se lle engadirán 50 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo, ata un máximo de 350 kg/día.

Horario de traballo:

 - A actividade iniciarase ás 6.00 horas e finalizará ás 16.00 horas. Non obstante, permitirase a saída do porto a partires das 5.00 horas

 - O descanso semanal desenvolverase desde as 16.00 horas do venres ata as 6.00 horas do luns.

Réxime de calamento das nasas (de Cabo Corrubedo ata o Río Eo):

As nasas poderán permanecer no seu calamento sen seren levadas a porto, incluso durante o período de descanso semanal. No período comprendido entre o 1 de outubro e o inicio do período de veda anual as nasas poderán utilizarse por fóra das liñas de referencia sinaladas coma anexo V.
PLAN POLBO_2020-2021
Descargar .pdf →