Noticia: Borrador da Resolución da Xarda


Agregada el 07/1/2020, modificada por última vez el 07/1/2020.


Xuntamos o borrador da Resolución , da Secretaría Xeral de Pesca, pola que se establecen disposicións de ordenación da pesqueira
da xarda (Scomber scombrus) das zonas VIIIc e IXa para os buques de “outras artes distintas ó arrastre e cerco” do caladoiro
Cantábrico Noroeste.
 
- Establecese o inicio da pesqueira para a campaña 2020 a partir das 00:00 horas do día 1 de xaneiro, unicamente para as capturas
accesorias.
 
- As capturas computarán contra a cota anual provincial.
 
- Todos os barcos censados en outras artes distintas ao arrastre e cerco terán acceso a pesqueira.
 
- A pesqueira dirixida permanecerá prohibida mentres non se acade un acordo para xestión das cotas. O seu inicio e as condicións para
o seu desenrolo serán determinadas por cada provincia, mediante resolución da Secretaría Xeral de Pesca.
 
- A captura de mais de un 20 % de xarda en calquera marea considerarase coma pesca dirixida.
 
- O prazo para presentar alegación a este borrador remata o vindeiro xoves día 9 de xaneiro de 2020
borrador resolucion GENERAL caballa otras artes
Descargar .pdf →