Noticia: Resolución modificación ordenación da sardiña ibérica nas zonas VIIIc e IXa


Agregada el 05/7/2019, modificada por última vez el 05/7/2019.


Xuntamos a “Resolución do 3 de xullo da Secretaría Xeral de Pesca pola que se
modifica a do 24 de abril de 2019 ,da Secretaría Xeral de Pesca. Pola que se
establecen disposicións de ordenación da pesqueira da sardiña ibérica (Sardina
pilchardus) que se pesca en augas ibéricas da zona CIEM VIIIc e IXa”.
 
Esta modificación asigna xa a totalidade das cantidades previstas de sardiña para
todo o ano en lugar de separala en dous períodos.
 
- Para as flotas de cerco do Cantábrico e Noroeste, racú e piobardeira a cantidade
asignada para todo o ano é de 2.114.814 kg.
 
- Para as embarcacións de xeito a cantidade asignada é de 92.973 kg.
 
A pesqueira remata a partir das 00:00 horas do 1 de novembro.
 
No caso das embarcacións de xeito poderán continuar pescando tras esta data
sempre ecando dispoñan de posibilidades de pesca.
 
Para as flotas de cerco, racú e piobardeira establécense uns topes de
desembarque de 1.000 kg diarios cun limite dunha descarga o día.
Esta resolución surte efectos a partir do día seguinte da firma.
Resolucion 3 julio de 2019 MODIFICA Resolucion 24 abril
Descargar .pdf →