Noticia: Plan experimental para a xestión do polbo con nasa 2019-2020


Agregada el 13/5/2019, modificada por última vez el 13/5/2019.


Xúntase a Resolución do 9 de maio de 2019, pola que se aproba o PLAN EXPERIMENTAL
PARA A XESTIÓN DO POLBO (Octopus vulgaris) CON NASA PARA A CAMPAÑA 2019-2020
 
- O período de veda para 2020 queda establecido entre as 16:00 horas do 17
de maio ata as 5:00 horas do 1 de xullo de 2019
 
- As capturas desembarcadas o 17 de maio poderán ser comercializadas tamén o
18 de maio.
 
- Cotas máximas diarias de captura e desembarco:
 
Dende o 1 de xullo ata o 31 de agosto de 2019 a cota máxima será de 30 kg/barco/día
ao que se lle engadirán 30 kg/día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo
de 210 kg/día.
 
No que resta de campaña a cota máxima será de 50 kg/barco/día ao que se lle engadirán
50 kg/día por cada tripulante enrolado a bordo, ata un máximo de 350 kg/día.
 
- A vixencia do plan abranguerá dende o 17 de maio de 2019 ata a data de inicio
da veda do ano 2020.
PLAN POLBO_2019-2020
Descargar .pdf →