Noticia: Establecemento e Cambio de Porto Base, e modificación do R.D. 1549/2009


Agregada el 19/12/2017, modificada por última vez el 19/12/2017.


Real Decreto 1035/2017, de 15 de decembro, polo que se regula o establecemento e cambio de porto base dos buques pesqueiros, e polo que e modifica o Real Decreto 1549/2009, de 9 de outubro, sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca, publicado no B.O.E.

·  O obxecto deste R.D. é regular: o establecemento do porto base; os cambios de porto base, os cales deberán fundamentarse en razóns de oportunidades de pesca ou socioeconómicas adecuadamente motivadas; e as autorizacións de utilización temporal dun porto distinto ao porto base

·  Destácase ademais,  entre outros: os requisitos nas condicións das autorizacións de utilización temporal dun porto distinto ao de base durante períodos superiores a tres meses por razóns de actividade pesqueira

O Real Decreto modifica así mesmo, o Real Decreto 1549/2009 sobre ordenación do sector pesqueiro e adaptación ao Fondo Europeo da Pesca, en relación ás baixas para a construción ou modernizacións dos buques pesqueiros, as regularizacións , a tramitación das solicitudes e as consecuencias sobre a anulación ou modificación do expediente.

 

A entrada en vigor  será o 1 de xaneiro de 2018

BOE-RD 1035-2017 cambio puerto base
Descargar .pdf →