Noticia: Axudas a proxectos colectivos para o 2018 (bases reguladoras)


Agregada el 20/9/2018, modificada por última vez el 20/9/2018.


Informamos da publicación no D.O.G núm. 180, do xoves 20 de setembro de 2018, do extracto e da ORDE do 7 de setembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2018, en réxime de concorrencia competitiva, axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), que contribúan á protección e recuperación da biodiversidade mariña a través dunha mellor xestión e conservación dos recursos mariños e dos seus ecosistemas, así como ao fomento da sensibilización ambiental.
 
O importe máximo das subvencións que se concedan no 2018 será de 3.440.000 euros e distribuiranse nas seguintes anualidades:
 
– Anualidade 2018: 1.720.000 euros.
– Anualidade 2019: 1.720.000 euros
 
Consideraranse subvencionables os gastos realizados e pagados entre o 1 de xullo de 2018 e o 31 de decembro de 2023.
 
A data límite enténdese en todos os casos sen prexuízo do número de anualidades que se estableza en cada resolución de concesión de axuda. Non obstante, as operacións non se seleccionarán para recibir axuda do FEMP se concluíron materialmente ou se executaron integramente antes de que a persoa beneficiaria presente a solicitude de axuda.
 
Para a convocatoria de 2018 o prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
 
Pódese acceder a orde a través do seguinte enlace : https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180920/AnuncioG0427-110918-0001_gl.pdf
 
 
Axudas proxectos colectivos
Descargar .pdf →